sábado, 18 de octubre de 2008

DeATh NoTe


Death Note, a serie que estou vendo neste momento, mi ma, eu pensaba que non me iba a gustar gran cousa, pero ahora estou intrigada a ver como acaba o asunto jeje.
Leín moi boas críticas por ahí, o fallo é que está en japonés subtitulada o español, pero bueno, unha vaise acostumbrando.
Cando a acabe de ver xa comentarei por aquí algo XD.



jueves, 11 de septiembre de 2008

La vida de Brian


Jajajaja, recomendada por meu primo, é buenísima. Si.... un pouco paranoia pero ten detalles moi bos. XD.
Vina tres veces xa, a última con Amalia.
Pos eso, está chachi chachi, non penso poñer nin comentarios nin videos, a descargala e a vela enteira!!

domingo, 10 de agosto de 2008

Grease

Xa estamos a 10 de Agosto, acercase inevitablemente Setiembre!!! Dios, que agobio. Pos nestes momentos tou vendo Grease. Nunca a vira enteira!!! Xa é triste, pero nunca vira o principio, jeje.

Como pasa o tempo, a película é de 1978, dez anos antes de que nacera unha servidora.












O tempo non pasa en valde para John Travolta e Olivia Newton-John, aunque ela sigue sendo delgadísima.


Pois sin novedades, Pirri gañou a medalla de bronce en esgrima e perdemos en balonmano, vin o partido as tres da mañá, que pereza. XD

martes, 22 de julio de 2008

Camino a la perdición.

"Lone Wolf and Cub", que en español ven sendo "Lobo solitario y su cachorro" é un coñecido manga creado polo escritor Kazuo Koike e o artista Goseki Kojima.

Este manga conta a historia de Ogami Itto, antigo kaishakunin, asistente no seppuku de nobres condenados polo Shogun.

(O seppuku era un ritual por desentrañamento e o Kaishakunin viña sendo a persoa encargada de decapitalo despois da súa agonía. Practica moi común entre os samurai, que rexeitaban calquera morte natural.

Shogun ven sendo unha persoa de alto rango militar)

Ogami Itto é deshonrado por unha falsa acusación e forzano a tomar o camiño do asasinato. Xunto ao seu fillo Daigoro de tres anos planea vengarse das persoas que o deshonraron.

Sobre este manga fixeronse unhas seis películas, varias series de televisión e como non, o típico remake americano.

Max Allan Collins impresionado polo manga decidiu facer un remake. El encargaríase do guión e o seu compañerio Richard Pyers Rayner dos debuxos, creando así “Camino a la perdición”.

“Camino a la perdición” conta a historia de Michael Sullivan, un asasino a sueldo, que traballa para o mafioso John Rooney, e por unha serie de feitos (que non vou poñer por si alguén a quere ver, non escarallarlle a película), acaba fuxindo co seu fillo .

No 2002 este comic foi levado a gran pantalla, dando vida aos personaxes Tom Hanks (Michael Sullivan) e Paul Newman (John Rooney).

Os productores obsesionaronse ca idea de que Paul Newman protagonizara a película. Non baraxaron unha segunda opción cando éste o rexeitou repetidas veces. Tiveron que viaxar hasta 6 veces o rancho privado de Newman para convencelo. E o final aceptou.

E sin mais que dicir, voume poñer a ver a peli e a comer pistachos.

jueves, 3 de julio de 2008

Neon Génesis Evangelion

E xa vou polo capítulo sete! Fai un par de días que acabei de ver Orphen (a primeira temporada) e tiña ganas de variar, asique pásome a Evangelion. Xa vira un anaco cando a botaban no Xabarín Club, despois de Detective Connan (outra serie que teño pendiente), e teño ganas de vela. Fai uns anos vira a película de Evangelion, pero non a acabei de ver, e que tiña escenas un tanto fuertes e eu son un pouco miedica para esas cousas, pero unha vez superada a escena dos velocirraptores de Jurassik Park non hai nada que se me resista (¬¬ si que pasa, esa escena é un pouco agobiante). E tamén deixo unha foto da miña tabla de Dibujo I do ano pasado. Que nos aburríamos moito e non se nos ocurreu outra cousa a Ana e a min que decoralas. Si, xa o sei, fáltalle a boca! XD. Acordome que Boente me dixera algo por tela pintada pero moito caso non lle debín facer que non me acordo do que me dixo. XD

viernes, 27 de junio de 2008

Die Ärzte

Banda de punk rock alemán.

Descubrín a Die Ärzte en 1º de Bacharelato. Un día chegou Mínia con un papel que contiña a letra dunha canción en alemán, eu quedei un pouco flipada, despois pasoume o mp3 e deixouma escoitar. Pasamos moito tempo escoitando esa canción e intentandoa cantar con un pouco de xeito, jeje. O outro día non era capaz de durmir e mirando na miña mesiña de noite encontrei o papel ca letra da cación, case non me acordaba dela. Asique aquí vola deixo. A min gustame moito XD.
Uns meses despois tuven a dous alemáns, moi majos por certo, na miña casa e eran fans deste grupo
.

Vendo Sweet home alabama.


miércoles, 25 de junio de 2008

Harry Potter Manga

¬¬ non, non é ser friki, é que me gustan os debuxiños estes ¬¬ e si, encontreinos por casualidade, non sexamos mal pensados!!!
¿Pero a que están "chechis" "chechis"?
Uojojojojojo.
Estamos na aula de informática Noelia, Amalia mais eu. Esperando a q
ue Ana veña ¬¬. A rapaza leva moi mal o de ser puntual, mais ca algunhas, que eu estaba as nove menos dez na faculta e Noelia chegou as nove e vinte!!!


jueves, 19 de junio de 2008

martes, 10 de junio de 2008

Diana Ross


Vin o outro día Novia a la fuga e a cación ca que abren os créditos gustoume bastante, sonámabe pero non me daba conta de quen era. Desto que chega miña irmá e dime: "¿Oh, encontrastes o cd de Diana Ross?". E efectivamente, era dela. De cando estaba no grupo The Supremes. Temos, bueno tíñamos, o cd na casa, sabe Dios onde anda.
Na película a cación é cantada por Dixie Chicks, un trío de música country.
Estaba agora mirando en youtube e tamén hai outra versión de Phil Collins.

Ains, e sin ganas de estudiar. Acabei agora de ver El rey león, ¬¬ que pasa, facía tempo que non a vía. Ains, quero vacacións!!!


domingo, 8 de junio de 2008

La novia cadaver

Estaba eu por aquí, mirando en internet, e entrei na páxina web da película "La novia cadaver", a verdá e que está moi chula. Molame a saco jeje, sobre todo o apartado que teñen de "calcula tu amor", que como podedes ver con "Jacinto", si, "Jacinto", teño un porcentaje bastante elevado. (Con JaSinto teño un 15% ou así, ¬¬ que tiquismiquis). Pero está simpático o detalle, sobre todo o de que podes enviar a túa invitación de boda, jajaja.
Para quen o queira facer, xa sabe.
E nada, que vou ver "Atrapame si puedes" de Leonardo Dicaprio e Tom Hanks, que fai tempo que non a vexo e teño ganas de vela. Gustoume bastante a verdá.
E debería irme durmir pero non teño ganas XD.

domingo, 11 de mayo de 2008

Historia cun final felíz.

Moita xente abre un negocio ou leva a cabo algún proxecto con toda a ilusión do mundo, pensando que as cousas van saír ben desde o principio. Hai xente a que lle sae ben, pero non a toda, a outras aparecenlle complicacións, coma nos Simpson cando Marge abre o seu posto de galletitas saladas e Homer contrata os servicios de Toni o gordo para que saboteen os outros postos de comida, juju.

Había un home tiña un proxecto, conquistar o universo. Invertiu todo nesa idea, chamabase Darth Vader (para os amigos Vidi), pero non lle saíu ben, o banco embargoulle case todo, tivo que vender a estrela da morte, comprarse unha vespino e soportar a burla da xente. Menos mal que a vespino lle iba a xogo.
Vidi necesitaba un plan, tiña que buscar diñeiro de onde fose, había moitas cousas que facer, tiña que recuperar a estrela da morte, e xa postos, arrebolarlle a vespino os repartidores de pizza, que o adiantaban constantemente e facíanlle burlas, claro claro, os do Telepizza de vermello, só faltaba que Darth Vader fora cas cores da Renault para máis gozo destes.
Buscou no periódico a ver se encontraba algunha solución para o seu caso, buscou empregos pero ningún lle gustaba, mirou anuncios de palabras a ver se alguén regalaba diñeiro pero foi inútil.
Púxose a mendigar pero non conseguiu nada, weno vale 20 céntimos, pero eso non cunde moito a día de hoxe, non lle chegaba nin para meterlle gasoil a vespino, andaba de contenedor en contenedor buscando botes de aceite para repostar.
Un día a Vader ocorreuselle unha gran idea mentras observaba a un rapaz que tiña un muñeco de Spiderman na man. ¡Si! ¡Vidi pensou no merchandising! Pensou que si ese pringado con mallas de cores azuis e vermellas alabando ó Barcelona, o cal lle fixo pasillo ó Madrid, facía negocio porqué el non, el tiña capa e casco, molaba máis.
Darth Vader empezou a vender todo tipo de cousas ca súa imaxe: cestas de Halloween Darth Vaer, reloxos despertadores Darth Vader, globos Darth Vader, lámparas, mochilas, usbs, tazas, a Wii tuneada ó estilo Vader, muñecos (eu teño eses, foi un regalo dun tio moi friki), etc.
Empezou a gañar cartos, ligaba con colexialas, recuperou a estrela da morte, fixose poderoso, veu que podía gañar e comezou o seu imperio de novo.
¿Que foi o primeiro que fixo Darth Vader despois de todo esto? ¿Aniquilou os do Telepizza? Non, veuse inspirado polos estudiantes universitarios e decidiu facer unha...¡Festa!

viernes, 9 de mayo de 2008

Las chicas Gilmore


Xa era moito que non escribise nada sobre elas.
Empecei a ver esta serie fai un par de meses, bueno, igual algo mais. Miña irmá e miña nai estaban colgadas da serie, o que non sabía é que fora caer eu tamén. Non teño aínda o placer de dicir que a vin toda, pero pouco tempo queda para dicilo. Vin 6 temporadas e desgraciadamente só me queda unha por ver. A serie foi creada no ano 2000 por Amy Sherman Palladino, unha guionista estadounidense, e o seu home, Daniel Palladino, o cal sería o produtor da serie. Ao remate da sexta temporada os dous abandonaron a serie e tomou o relevo Dave Rosenthal. So vin 5 capítulos da 7 temporada e ansío ver mais.

Para os que non coñezan a serie "Las chicas Gilmore" trata sobre a vida de Lorelai Victoria Gilmore (Lauren Graham) e a súa filla Lorelai (Rory) Leigh Gilmore (Alexis Bledel) que se desarrola nunha cidade ficticia, Stars Hollow.
A serie arranca con Loreilai pidindolle cartos aos seus pais, cos que apenas tratou desde o nacemento de Rory, para matricular a súa filla no prestixioso colexio de Hartford (Chilton). Os seus pais aceptan con unha condición, que estas vaian a cear todos os viernes a súa casa.
A raíz de esto a serie sigue a vida das Gilmore, os amoríos tanto de Rory como de súa nai, así como os seus logros, Lorelai abre un hotel e Rory entra na universidade de Yale.
En principio dicíase que a serie non tería audiencia, pois poucas son as series familiares que triunfan nestes tempos. Pero contra todo pronóstico as Chicas Gilmore no primeiro ano gañaron en audiencia a Friends. (Mira que Friends....é moito Friends.)
Entre os personaxes que pasaron por esta serie cabe destacar a Scott Patterson (Luke Danes), Milo Ventimiglia (Yess Mariano), Jared Paladecki (Dean Forester) y Matt Czuchry (Loghan Huntzberger).
Durante toda a serie danse conversacións absurdas e divertidas, sobre todo as conversacións que teñen nai e filla, ahí deixo algunhas.

Lorelai: ¿3 rotuladores? ¿Es un número al azar? ¿Cómo llegas al número 3?
Rory: Uno se pierde, uno se seca, queda el otro.
Lorelai: Lo tienes todo bien pensado... ¿qué vino antes, el huevo o la gallina? ¡Oh! ¡Recambios!
Rory: Son morados.
Lorelai: El morado es alegre.
Rory: No puedo usarlo. Ahora voy a una escuela seria, necesito papel serio.
Lorelai: Vale... aquí tienes papel serio, aquí tienes rotuladores sombríos... lápices aburridos y bolis maníaco-depresivos. Estas gomas toman litio. Parecen alegres pero las atrapamos intentando suicidarse en el sacapuntas.
Rory: Me voy a casa.
Lorelai: Escucha, cariño, vamos a hacer terapia con los post-its, tenemos que intentar que renuncien a sus locuras.

Rory: ¿El cerebro duele?
Lorelai: Si, en la hora hipocondríaca.
Rory: No, en serio, anoche cuando estaba estudiando biología de repente oí un pink en la zona del cerebro.
Lorelai: ¿un pink cerebral?
Rory: Si, fue como un ding.
Lorelai: En ese caso fue un ding, no un pink.
Rory: Pero no creo que un ding sea menos preocupante que un pink cerebral.
Lorelai: Me has pillado.
Rory: ¿Crees que debería ir a un oncólogo?
Lorelai: No, creo que lees demasiado y seguramente te estás quedando ciega.
Rory: gracias.

Lorelai: Odio al presidente Bush, es estúpido y su cara es muy pequeña para su cabeza.

Lorelai: ¿Y a dónde vais a ir?
Rory: A Andeloros.
Lorelai: Ah, qué romántico. Será como la Dama y el Vagabundo... comeréis espagueti y sólo habrá uno largo, largo y chocareis en medio sin querer... y entonces él empujará una albóndiga con su nariz y tú la empujarás con la tuya, y luego te traerás la albóndiga a casa y la guardarás en el frigorífico.

Rory: Te lo juro por dios.
Paris: ¿Eres atea?
Rory: ¿Como dices?
Paris: Quita mucha validez a lo de jurar por dios.


Lorelai: ¿Qué haces?
Luke: Inflo esta cama para Jess.
Lorelai: Eso es una balsa, esta bien si te quieres ir de acampada pero no para dormir, si vas a inflarle algo mejor que sea rubia...


jueves, 1 de mayo de 2008

300


Si, tamén vin 300. Estou pasando por unha fase “peliculeira”, e isto é que fago estes días, ver películas (é que o de estudiar non me enche demasiado jeje).

A película moloume a saco, o principio estábame parecendo un pouco fantasmada pero conseguiu engancharme, tanto, que a vin xa 3 veces. Si, suelo ser bastante repetitiva cunha película. O mellor momento da peli: min 66 con esa música de fondo.

Aquí vos deixo frases da peli:
  • "Deben temer. Esparta se convertirá cenizas. Han de caer sobre vosotros las mil naciones del imperio persa"
  • "Amenazas a mi gente con esclavitud y muerte? Es una aberración!"
  • "Esto es ESPARTAAA!!!!"
  • "Una nueva era ha comenzado. Una era de ¡Libertad!"
  • "Y todos sabrán, que 300 espartanos, dieron su último aliento para defenderla"
  • "Espartanos! Esta noche cenaremos en el infierno!!"
  • "No les den nada! Pero quítenles TODO."

E qué dicir dos nosos actores:

Gerard Butler
David Wenham

Gerard Butler (Rei Leónidas) gaña moito mais en persoa que na película, ahí vos deixo unha foto, que ollazos ten ese home, e que conste que o rabuñazo do ollo que ten na película recórdame a Skar, o do rei León.

E tamén temos a David Wenham, irrecoñecible en Van Helsing, polo menos a min custoume bastante, porque o pon a Wikipedia senón... non me daba conta, jeje. De que participara en “El señor de los anillos” supoñíao, pois sonábame de velo. Tamén vos deixo un par de fotos del para que vexades, unha da película de "300" e outra da película de "El señor de los anillos" na que fai de Faramir. Na foto sae co seu compañeiro de reparto Sean Bean, que na película fai de seu irmán Boromir.

David Wenham e Sean Bean


HitCH


Quería ver esta película dende xa fai bastante tempo, pero non sei, esquecíame de descargala e cando me acordaba non estaba na casa. En fin, que non coincidíamos. Pero aí atrás saíu na televisión e non a puiden ver, polo que me decidín a descargala. E si señor, non me defraudou.

Púxenme a vela onte as tres da mañá e non me quedei sopa, iso é un bo sinal, normalmente aos dez minutos xa estou durmindo. A película ten os seus momentazos, pero para min o mellor é o final, cando todos se poñen a bailar. Os vídeos que encontrei por aí do baile vense bastante mal, así que paso de poñelos.

E nada, estamos xa en maio (no medio dunha ponte), e non falta nada para que chegue o verán. Todo exames a partir de agora, e non, non hai moitas ganas de estudar, pero que lle vamos a facer...