jueves, 1 de mayo de 2008

HitCH


Quería ver esta película dende xa fai bastante tempo, pero non sei, esquecíame de descargala e cando me acordaba non estaba na casa. En fin, que non coincidíamos. Pero aí atrás saíu na televisión e non a puiden ver, polo que me decidín a descargala. E si señor, non me defraudou.

Púxenme a vela onte as tres da mañá e non me quedei sopa, iso é un bo sinal, normalmente aos dez minutos xa estou durmindo. A película ten os seus momentazos, pero para min o mellor é o final, cando todos se poñen a bailar. Os vídeos que encontrei por aí do baile vense bastante mal, así que paso de poñelos.

E nada, estamos xa en maio (no medio dunha ponte), e non falta nada para que chegue o verán. Todo exames a partir de agora, e non, non hai moitas ganas de estudar, pero que lle vamos a facer...