martes, 22 de julio de 2008

Camino a la perdición.

"Lone Wolf and Cub", que en español ven sendo "Lobo solitario y su cachorro" é un coñecido manga creado polo escritor Kazuo Koike e o artista Goseki Kojima.

Este manga conta a historia de Ogami Itto, antigo kaishakunin, asistente no seppuku de nobres condenados polo Shogun.

(O seppuku era un ritual por desentrañamento e o Kaishakunin viña sendo a persoa encargada de decapitalo despois da súa agonía. Practica moi común entre os samurai, que rexeitaban calquera morte natural.

Shogun ven sendo unha persoa de alto rango militar)

Ogami Itto é deshonrado por unha falsa acusación e forzano a tomar o camiño do asasinato. Xunto ao seu fillo Daigoro de tres anos planea vengarse das persoas que o deshonraron.

Sobre este manga fixeronse unhas seis películas, varias series de televisión e como non, o típico remake americano.

Max Allan Collins impresionado polo manga decidiu facer un remake. El encargaríase do guión e o seu compañerio Richard Pyers Rayner dos debuxos, creando así “Camino a la perdición”.

“Camino a la perdición” conta a historia de Michael Sullivan, un asasino a sueldo, que traballa para o mafioso John Rooney, e por unha serie de feitos (que non vou poñer por si alguén a quere ver, non escarallarlle a película), acaba fuxindo co seu fillo .

No 2002 este comic foi levado a gran pantalla, dando vida aos personaxes Tom Hanks (Michael Sullivan) e Paul Newman (John Rooney).

Os productores obsesionaronse ca idea de que Paul Newman protagonizara a película. Non baraxaron unha segunda opción cando éste o rexeitou repetidas veces. Tiveron que viaxar hasta 6 veces o rancho privado de Newman para convencelo. E o final aceptou.

E sin mais que dicir, voume poñer a ver a peli e a comer pistachos.

jueves, 3 de julio de 2008

Neon Génesis Evangelion

E xa vou polo capítulo sete! Fai un par de días que acabei de ver Orphen (a primeira temporada) e tiña ganas de variar, asique pásome a Evangelion. Xa vira un anaco cando a botaban no Xabarín Club, despois de Detective Connan (outra serie que teño pendiente), e teño ganas de vela. Fai uns anos vira a película de Evangelion, pero non a acabei de ver, e que tiña escenas un tanto fuertes e eu son un pouco miedica para esas cousas, pero unha vez superada a escena dos velocirraptores de Jurassik Park non hai nada que se me resista (¬¬ si que pasa, esa escena é un pouco agobiante). E tamén deixo unha foto da miña tabla de Dibujo I do ano pasado. Que nos aburríamos moito e non se nos ocurreu outra cousa a Ana e a min que decoralas. Si, xa o sei, fáltalle a boca! XD. Acordome que Boente me dixera algo por tela pintada pero moito caso non lle debín facer que non me acordo do que me dixo. XD