jueves, 3 de julio de 2008

Neon Génesis Evangelion

E xa vou polo capítulo sete! Fai un par de días que acabei de ver Orphen (a primeira temporada) e tiña ganas de variar, asique pásome a Evangelion. Xa vira un anaco cando a botaban no Xabarín Club, despois de Detective Connan (outra serie que teño pendiente), e teño ganas de vela. Fai uns anos vira a película de Evangelion, pero non a acabei de ver, e que tiña escenas un tanto fuertes e eu son un pouco miedica para esas cousas, pero unha vez superada a escena dos velocirraptores de Jurassik Park non hai nada que se me resista (¬¬ si que pasa, esa escena é un pouco agobiante). E tamén deixo unha foto da miña tabla de Dibujo I do ano pasado. Que nos aburríamos moito e non se nos ocurreu outra cousa a Ana e a min que decoralas. Si, xa o sei, fáltalle a boca! XD. Acordome que Boente me dixera algo por tela pintada pero moito caso non lle debín facer que non me acordo do que me dixo. XD