martes, 22 de julio de 2008

Camino a la perdición.

"Lone Wolf and Cub", que en español ven sendo "Lobo solitario y su cachorro" é un coñecido manga creado polo escritor Kazuo Koike e o artista Goseki Kojima.

Este manga conta a historia de Ogami Itto, antigo kaishakunin, asistente no seppuku de nobres condenados polo Shogun.

(O seppuku era un ritual por desentrañamento e o Kaishakunin viña sendo a persoa encargada de decapitalo despois da súa agonía. Practica moi común entre os samurai, que rexeitaban calquera morte natural.

Shogun ven sendo unha persoa de alto rango militar)

Ogami Itto é deshonrado por unha falsa acusación e forzano a tomar o camiño do asasinato. Xunto ao seu fillo Daigoro de tres anos planea vengarse das persoas que o deshonraron.

Sobre este manga fixeronse unhas seis películas, varias series de televisión e como non, o típico remake americano.

Max Allan Collins impresionado polo manga decidiu facer un remake. El encargaríase do guión e o seu compañerio Richard Pyers Rayner dos debuxos, creando así “Camino a la perdición”.

“Camino a la perdición” conta a historia de Michael Sullivan, un asasino a sueldo, que traballa para o mafioso John Rooney, e por unha serie de feitos (que non vou poñer por si alguén a quere ver, non escarallarlle a película), acaba fuxindo co seu fillo .

No 2002 este comic foi levado a gran pantalla, dando vida aos personaxes Tom Hanks (Michael Sullivan) e Paul Newman (John Rooney).

Os productores obsesionaronse ca idea de que Paul Newman protagonizara a película. Non baraxaron unha segunda opción cando éste o rexeitou repetidas veces. Tiveron que viaxar hasta 6 veces o rancho privado de Newman para convencelo. E o final aceptou.

E sin mais que dicir, voume poñer a ver a peli e a comer pistachos.

jueves, 3 de julio de 2008

Neon Génesis Evangelion

E xa vou polo capítulo sete! Fai un par de días que acabei de ver Orphen (a primeira temporada) e tiña ganas de variar, asique pásome a Evangelion. Xa vira un anaco cando a botaban no Xabarín Club, despois de Detective Connan (outra serie que teño pendiente), e teño ganas de vela. Fai uns anos vira a película de Evangelion, pero non a acabei de ver, e que tiña escenas un tanto fuertes e eu son un pouco miedica para esas cousas, pero unha vez superada a escena dos velocirraptores de Jurassik Park non hai nada que se me resista (¬¬ si que pasa, esa escena é un pouco agobiante). E tamén deixo unha foto da miña tabla de Dibujo I do ano pasado. Que nos aburríamos moito e non se nos ocurreu outra cousa a Ana e a min que decoralas. Si, xa o sei, fáltalle a boca! XD. Acordome que Boente me dixera algo por tela pintada pero moito caso non lle debín facer que non me acordo do que me dixo. XD

viernes, 27 de junio de 2008

Die Ärzte

Banda de punk rock alemán.

Descubrín a Die Ärzte en 1º de Bacharelato. Un día chegou Mínia con un papel que contiña a letra dunha canción en alemán, eu quedei un pouco flipada, despois pasoume o mp3 e deixouma escoitar. Pasamos moito tempo escoitando esa canción e intentandoa cantar con un pouco de xeito, jeje. O outro día non era capaz de durmir e mirando na miña mesiña de noite encontrei o papel ca letra da cación, case non me acordaba dela. Asique aquí vola deixo. A min gustame moito XD.
Uns meses despois tuven a dous alemáns, moi majos por certo, na miña casa e eran fans deste grupo
.

Vendo Sweet home alabama.


miércoles, 25 de junio de 2008

Harry Potter Manga

¬¬ non, non é ser friki, é que me gustan os debuxiños estes ¬¬ e si, encontreinos por casualidade, non sexamos mal pensados!!!
¿Pero a que están "chechis" "chechis"?
Uojojojojojo.
Estamos na aula de informática Noelia, Amalia mais eu. Esperando a q
ue Ana veña ¬¬. A rapaza leva moi mal o de ser puntual, mais ca algunhas, que eu estaba as nove menos dez na faculta e Noelia chegou as nove e vinte!!!


jueves, 19 de junio de 2008

martes, 10 de junio de 2008

Diana Ross


Vin o outro día Novia a la fuga e a cación ca que abren os créditos gustoume bastante, sonámabe pero non me daba conta de quen era. Desto que chega miña irmá e dime: "¿Oh, encontrastes o cd de Diana Ross?". E efectivamente, era dela. De cando estaba no grupo The Supremes. Temos, bueno tíñamos, o cd na casa, sabe Dios onde anda.
Na película a cación é cantada por Dixie Chicks, un trío de música country.
Estaba agora mirando en youtube e tamén hai outra versión de Phil Collins.

Ains, e sin ganas de estudiar. Acabei agora de ver El rey león, ¬¬ que pasa, facía tempo que non a vía. Ains, quero vacacións!!!


domingo, 8 de junio de 2008

La novia cadaver

Estaba eu por aquí, mirando en internet, e entrei na páxina web da película "La novia cadaver", a verdá e que está moi chula. Molame a saco jeje, sobre todo o apartado que teñen de "calcula tu amor", que como podedes ver con "Jacinto", si, "Jacinto", teño un porcentaje bastante elevado. (Con JaSinto teño un 15% ou así, ¬¬ que tiquismiquis). Pero está simpático o detalle, sobre todo o de que podes enviar a túa invitación de boda, jajaja.
Para quen o queira facer, xa sabe.
E nada, que vou ver "Atrapame si puedes" de Leonardo Dicaprio e Tom Hanks, que fai tempo que non a vexo e teño ganas de vela. Gustoume bastante a verdá.
E debería irme durmir pero non teño ganas XD.