
Había un home tiña un proxecto, conquistar o universo. Invertiu todo nesa idea, chamabase Darth Vader (para os amigos Vidi), pero non lle saíu ben, o banco embargoulle case todo, tivo que vender a estrela da morte, comprarse unha vespino e soportar a burla da xente. Menos mal que a vespino lle iba a xogo.
Vidi necesitaba un plan, tiña que buscar diñeiro de onde fose, había moitas cousas que facer, tiña que recuperar a estrela da morte, e xa postos, arrebolarlle a vespino os repartidores de pizza, que o adiantaban constantemente e facíanlle burlas, claro claro, os do Telepizza de vermello, só faltaba que Darth Vader fora cas cores da Renault para máis gozo destes.
Buscou no periódico a ver se encontraba algunha solución para o seu caso, buscou empregos pero ningún lle gustaba, mirou anuncios de palabras a ver se alguén regalaba diñeiro pero foi inútil.Púxose a mendigar pero non conseguiu nada, weno vale 20 céntimos, pero eso non cunde moito a día de hoxe, non lle chegaba nin para meterlle gasoil a vespino, andaba de contenedor en contenedor buscando botes de aceite para repostar.
Un día a Vader ocorreuselle unha gran idea mentras observaba a un rapaz que tiña un muñeco de Spiderman na man. ¡Si! ¡Vidi pensou no merchandising! Pensou que si ese pringado con mallas de cores azuis e vermellas alabando ó Barcelona, o cal lle fixo pasillo ó Madrid, facía negocio porqué el non, el tiña capa e casco, molaba máis.
Darth Vader empezou a vender todo tipo de cousas ca súa imaxe: cestas de Halloween Darth Vaer, reloxos despertadores Darth Vader, globos Darth Vader, lámparas, mochilas, usbs, tazas, a Wii tuneada ó estilo Vader, muñecos (eu teño eses, foi un regalo dun tio moi friki), etc.
Empezou a gañar cartos, ligaba con colexialas, recuperou a estrela da morte, fixose poderoso,
veu que podía gañar e comezou o seu imperio de novo.¿Que foi o primeiro que fixo Darth Vader despois de todo esto? ¿Aniquilou os do Telepizza? Non, veuse inspirado polos estudiantes universitarios e decidiu facer unha...¡Festa!






